HomeMedio ambiente e PatrimonioMelloras na ‘Ruta das fervenzas’ de Quiroga

Melloras na ‘Ruta das fervenzas’ de Quiroga

Este novo recurso turístico facilita as visitas aos saltos de auga seguintes: Pombar, a Pedriña, o Fócaro, as Gurbias e Vieiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga vén de informar do remate dos traballos de acondicionamento dun roteiro de fervenzas, labouras que se comezaron xa o pasado ano e que consistiron na mellora da accesibilidade e información de cinco ruxidoiras nun percorrido duns 25 quilómetros que vai de Quiroga a Vieiros.

As fervenzas que se poden ver son a do Pombar e a Pedriña, na Cruz de Outeiro, as fervenzas do Fócaro e das Gurbias, na Seara, e a fervenza de Vieiros.

Aínda que tradicionalmente todos estes puntos xa se visitaban, facilitouse o seu acceso mediante a divulgación, a unificación da sinalización e a mellora dos camiños. Contouse cun investimento para a Rede Natura 2000 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de 23.859 €. repartido en dúas anualidades (2022 – 2023). Ademais de acondicionar e sinalizar os percorridos, a ruta xa se pode seguir a través da aplicación de internet Google maps, coñecendo os detalles do acceso a cada un dos puntos, descargar a ruta para gps e mesmo seguila nun teléfono móbil.

A primeira anualidade deste proxecto serviu para a sinalización das fervenzas e a limpeza dos seus accesos, mentres que os traballos nesta segunda anualidade centráronse no acondicionamento, mediante escaleiras de madeira en dous resaltes rochosos do terreo e no acondicionamento do sendeiro coa recolocación de bloques de rocha soltos no treito inferior na fervenza do Pombar.

Escaleira de acceso á fervenza do Pombar. Foto: Concello de Quiroga.

No miradoiro da fervenza das Gurbias fixéronse traballos de sinalización e  colocación de varanda de madeira e na de Vieiros sinalizouse o aparcadoiro, colocouse un panel con recomendacións para a visita no aparcadoiro e reforzouse a seguridade con colocación de varanda de madeira no camiño de acceso á mesma.

Panel informativo con recomendacións. Foto: Concello de Quiroga
Fervenza de Vieiros. Foto: XMF

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...