HomeMedio ambiente e PatrimonioReforestando a través da pintura mural, Doa Oa

Reforestando a través da pintura mural, Doa Oa

A artista multidisciplinar, Doa Oa, utiliza intervencións murais para materializar a idea de reforestación visual. Preténdese transformar o espazo público con murais de temática vexetal, concienciando aos cidadáns do repecto ao medio natural.

Publicado o

- Advertisement -

Segredos de Pantón fíxolle unha interesante entrevista á artista Doa Oa, quen entre outras cousas, explica o proxecto no que traballa, “Reforestando”. 

De onde xurde a súa paixón polos murais?

Descubrín o poder comunicador que ten a expresión de gran tamaño nos espazos públicos, cando estudaba Belas Artes e comecei a coñecer a outros artistas que utilizaban este medio expresivo. Pareceume o mellor modo de chegar a un maior número de ollos e sen ningún tipo de censura. Dunha maneira máis libre, agora que liberdade parece esencial.

Doa Oa

A maioría dos seus murais son con motivos vexetais, a que se debe isto?

Son parte dun proxecto chamado Reforestando. De feito, dedícome a pintar murais debido a este proxecto, que nace dunha vontade de axudar á natureza a recuperar espazos artificiais abandoados no medio da natureza, tal como fai a vexetación sempre, crecendo sobre as construcións abandoadas. A pintura mural pareceume a técnica mais axeitada para reflexar isto. Antes de dedicarme a reforestar cos murais, os poucos murais que pintei foran anecdóticos.

Cantas obras levou a cabo na Ribeira Sacra?

Sobre 15, 16 , tal vez algún máis, unhas maiores e outras menores e non todas demasiados visibles.

Doa Oa

Fai pouco visitando Frontón descubrimos un mural seu en pleno monte, nunha edificación pintada con toxos e alecríns. Quen lle encargou esta obra? E por que escolleu este motivo para o mural?

Non foi encargo por ninguén, foi iniciativa miña. Formou parte dunha serie de 10 murais realizados pola Ribeira Sacra, que eran un proxecto que recibiu unha beca de produción chamada “becas de creación joven Injuve“. Entón, recibín unha axuda económica para realizar algunhas obras, procuraba espazos que me parecían de interese e xestionaba os permisos, para despois poder pintalos.

Escollín o motivo o toxo porque é unha especie que medra, naturalmente, nos montes que habitamos, pareceume que tiña a importancia suficiente como para facerlle un retrato; tamén me interesa retratar especies que teñen importancia na vida das persoas, xa sexa a través de usos na vida cotiá, menciñas tradicionais, usos culinarios, etc… e eu sendo nova, vín algún que outro toxo pasando nos remolques da xente do campo.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...