HomesociedadeXa están preparados para comezar o 1 de abril os catamaráns das...

Xa están preparados para comezar o 1 de abril os catamaráns das rutas fluviais pola Ribeira Sacra

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anuncia que os catamaráns da Deputación están xa preparados para a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra tras ser sometidos a unha revisión, arranxo e mellora integral, uns traballos que forman parte do encargo á empresa pública Tragsa, medio propio da institución provincial, para a prestación do servizo turístico este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

García Porto destacou a importancia da posta a punto das catro embarcacións “co  obxectivo de que estean en perfectas condicións, e cumpran con todas as garantías de calidade e seguridade para o desenvolvemento da tempada”. Os traballos de mantemento realízanse anualmente, pero é necesario unha supervisión de maior calado cada cinco anos.

Desta forma, as embarcacións xa se atopan listas para o comezo da tempada, fixado para o próximo día 1 de abril, coincidindo co inicio da Semana Santa. “Este ano estamos notando un gran interese polas rutas, e nunha soa semana foron reservadas máis de 7.500 prazas”, lembrou a Deputada. As persoas interesadas en realizar as rutas poden adquirir os seus billetes en reservas.rutasembalses.es, unhas viaxes que se alongarán ata finais de ano.

As rutas fluviais

No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionarán dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas en 107 prazas no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo contará cunha capacidade total de 63 viaxeiros. 

En abril, con motivo da Semana Santa, haberá servizo ininterrompido do sábado 1 ao domingo 9, en horario de mañá e de tarde. O resto do mes, os catamaráns da Deputación navegarán de mércores a domingo pola ruta Canon do Sil e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes as fins de semana. Igual que durante o mes de maio, no que tamén haberá servizo en ambas rutas o primeiro luns do mes, pola festividade do Traballo, e o día 17, con motivo das Letras Galegas.

No Canón do Sil, en xuño, xullo, agosto e setembro, haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 1 de outubro pasarán a funcionar de mércores a domingo e no mes de novembro as fins de semana. Tamén haberá servizo en horario de mañá e de tarde o mércores 1 de novembro, coincidindo co día de Todos os Santos.

No caso da viaxe que parte de Cabo do Mundo, en xuño habilítanse viaxes de mércores a domingo con tres frecuencias horarias. Para xullo, agosto e setembro o servizo funcionará durante toda a semana. A partir do 1 de outubro e ata a ponte de decembro pasarán a funcionar só as fins de semana, a excepción da ponte do 12 de outubro, que haberá viaxes do mércores ao domingo, e a ponte de Todos os Santos, que haberá servizo tamén o 1 de novembro.

Ambas rutas rematarán a temporada a final de ano, con viaxes todos os días do 2 ao 10 de decembro.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...