HomeSucesosInvestigado un veciño de Sober por causar un incendio mentres realizaba unha...

Investigado un veciño de Sober por causar un incendio mentres realizaba unha queima

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño de Sober permenece investigado como presunto autor dun delito de incendio forestal por supostamente provocar un lume mentres realizaba unha queima no municipio lugués de Pantón.

Segundo informou este martes a Garda Civil de Lugo, os feitos tiveron lugar o 27 de febreiro, cando o investigado orixinou un incendio ao realizar unha imprudencia grave cando levaba a cabo unha queima de resiudos forestais que vulneraba a lexislación.

As dilixencias do caso foron remitidas ao Xulgado de 1ª. Instancia e Instrución de Monforte de Lemos (Lugo).

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...