HomePolíticaCarmen Álvarez repite como candidata socialista en Folgoso do Courel

Carmen Álvarez repite como candidata socialista en Folgoso do Courel

A candidata socialista avanzou que nesta nova convocatoria electoral “presentamos unha lista con xente nova, que tamén quere participar activamente na vida política do noso concello e que ten ganas de traballar e mudar a nosa realidade, e sumarse así a un proxecto progresista e de futuro”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, puxo en valor “o compromiso que demostra Carmen Álvarez co seu concello e a loita constante por mellorar as condicións de vida dos seus veciños e veciñas, por manter os servizos públicos e por favorecer iniciativas que freen o despoboamento no Courel”. Un concello, subliñou, “que precisa un cambio radical ante o abandono evidente que está sufrindo por parte do PP, como quedou demostrado nos incendios forestais do pasado verán, e coa desidia e os atrasos da Xunta no arranxo do tramo derrubado e na mellora da principal estrada do Courel”.

A actual secretaria xeral e voceira do PSdeG no Courel, Carmen Álvarez, será novamente a candidata socialista á Alcaldía do municipio nas vindeiras eleccións do 28 de maio. Álvarez agradeceu o apoio de tódolos seus compañeiros, “e tamén da veciñanza do Courel, xa que me animou a seguir loitando e traballando pola miña comarca”.

A candidata á Alcaldía asegurou que os sucesivos gobernos do PP no Courel “están deixando un panorama desolador na comarca. Primeiro chegaron os incendios, non se fixo nada en prevención, pistas sen rozar e sen asfaltar. Despois chegaron os recortes nas rutas do autobús escolar e que, tras a presión popular, tiveron que ser paralizadas, e agora van saíndo á luz as carencias e o abandono das nosas estradas. Vivimos illados, o PP só se lembra da Montaña nas eleccións. Tíñalle que caer a cara de vergoña vir polo Courel a pedir o voto”, afirmou.

Álvarez lembrou o estado de conservación e mantemento en que se atopan as vías de comunicación da Montaña “polo Goberno do PP, como a LU-651, unha estrada que leva pendente, bloqueada e sen executar dende fai máis dunha década. Un día anuncian un desvío que non atravesa nin un carro de vacas e ao seguinte anuncian que desvían a ruta do transporte escolar porque ten que dar moita volta. Así estamos, vivimos no experimento constante e na deixadez máis absoluta”, incide.

Carmen Álvarez Álvarez (1959 – Ferreirós de Abaixo, O Caurel), funcionaria do INSS dende o ano 1981, actualmente é Coordinadora dos Centros de Atención e información da provincia (CAISS). É Concelleira en Folgoso do Courel dende o ano 2015.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...