HomesociedadeAs prazas de aparcamento no Hospital de Monforte diminúen en lugar de...

As prazas de aparcamento no Hospital de Monforte diminúen en lugar de aumentar, asegura a CIG

Unha das primeiras cousas que se lle pediu á Directora do Hospital Publico de Monforte de Lemos, segundo a CIG, era facer aparcamentos para usuarios e traballores no recinto do noso Hospital xa que eran moi escasos. Aseguran que a proposta foi ben recibida pola nova Directora "pero a realidade é que no hospital non se crearon máis prazas senón que se reduciron por distintos motivo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CIG-Saúde pedía que se puxeran liñas amarelas en todos os telladiños pero que esas prazas foran destinadas para os traballadores, “xa que a realidade é que esas prazas de aparcamento cubertas son usadas polos veciños que viven ao redor do Hospital Público de Monforte que deixan alí os seus vehículos. O fixo Dirección foi reservarse dúas prazas para ela e os seus mandos directos debaixo dos tellados que están diante da entrada principal do Hospital.”

Lembran que o SERGAS publicou na prensa o 22 de febreiro de 2022 que ían aumentar as prazas de aparcamento para todo o mundo “e iso é mentira porque non hai espazo para elo no recinto hospitalario segundo nos recoñeceu a propia Directora, xa que o espazo onde o sergas quería facelo é onde aterra o helicóptero. O único que conseguiron foi restrinxir o número de prazas que había no recinto hospitalario pintando liñas amarelas en moitas zoas a maiores das que había e da cacareada obra, nada se sabe.”

Aseguran que en lugar de aumentar prazas o que fixeron foi reducir un importante número delas e agradecen ao Concello que fixese aparcamento ao carón do novo parque do Hospital “o que fixo que se incrementase o número das que había inicialmente.”

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...