HomesociedadeRepresentación monfortina en Nápoles na celebración do IV Centenario da morte do...

Representación monfortina en Nápoles na celebración do IV Centenario da morte do VII Conde de Lemos

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, ensino e xuventude, Marina Doutón, asistiron en representación do Alcalde de Monforte de Lemos, como invitadas de honor ao evento organizado en conmemoración do cuarto centenario da morte de D. Pedro Fernández de Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación Real Monte Manso di Scala organizou o sábado 25 de marzo a celebración dun acto conmemorativo do cuarto centenario da morte do VII Conde de Lemos. A institución, como homenaxe, decidiu encargar a realización de dous bustos ao escultor Riccardo Ruggiano. As esculturas representan a D. Pedro Fernández de Castro e a Giovan Battista Manso, pretenden ser un agradecemento por fundar a Academia Napolitana dos Ociosos e foron colocadas na escaleira principal do edificio da sede histórica de Monte Manso.

Dende Monforte desprazáronse a Nápoles para asistir ao acto, Gloria Prado, a Tenente de Alcalde, e Marina Doutón, concelleira de Cultura. Gloria Prada fixo alusión “á unión entre as dúas cidades, Nápoles e Monforte, propiciada polos vínculos culturais que estableceron os Condes de Lemos en ambas”, engadindo que “as pegadas do Conde de Lemos en Nápoles pódense apreciar na existencia do Palacio Real e o Museo Arqueolóxico Nacional, mandado construir por D. Pedro para a Universidade, así como na Fundación do novo Colexio da Compañía de Xesús e Iglesia de S. Ferdinando”. 

Tamén se fixo referencia na intervención, a que os Condes deixaron unha parte das obras adquiridas en Nápoles no museo monfortino das Madres Clarisas, comentando ademais que estes tiveron un detalle moi salientable coa cidade italiana denominando a unha zona de Monforte como “Posilipo”; claramente como lembranza á zona de Nápoles onde viviron. Nesta zona, situada xusto a carón do Rio Cabe, historiadores tan prestixiosos como a Doctora Manuela Sáez, presente tamén no acto, defenden que se construiu o palacio residencial dos Condes de Lemos ao seu regreso de Nápoles. Conta a historia que cando o Virrei Cardenal Borxa se atopaba en Nápoles escribiulle unha carta á Condesa de Lemos, a súa prima, na que lle decía: “Por ese Posilipo monfortino, deixaría eu este, napolitano”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...