HomeDeportesRecepción no concello de Monforte ao piloto Eduardo Iglesias que pensa xa...

Recepción no concello de Monforte ao piloto Eduardo Iglesias que pensa xa no 5º Dakar

Durante a recepción o rexedor felicitou ó piloto monfortino “polos logros acadados no campionato de Europa de Rallyes no que quedou subcampión durante o ano 2022 e quixo darlle ánimos remarcando que hai que asumir os accidentes como posibilidades reais neste tipo de deportes. O importante é a rápida recuperación do deportista que se mostrou máis ilusionado que nunca na súa participación este ano".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu este luns no Concello a Eduardo Iglesias, piloto monfortino de motos que participou na última edición do Rally Dakar, disputado en Arabia en xaneiro deste ano 2023 e que despois de tres anos consecutivos logrando rematar, tivo que abandonar por unha doble rotura de clavícula tendo que ser trasladado a España para a operación e posterior recuperación da que afortunadamente xa está restablecido. O deportista explicoulle ao Alcalde que xa se atopa  preparando a próxima temporada e coa doble ilusión que en anos pasados.

Na visita, o piloto monfortino, acompañado por Jesús Veloso, membro do seu equipo, fíxolle entrega ó alcalde dunha camiseta conmemorativa, unha placa, así como o dossier no que se recollen todos os aspectos da súa participación na última edición do Rally Dakar: fotografías, presencia nos medios de comunicación nacionais e internacionais, ou detalles técnicos, entre outros aspectos. Do mesmo xeito, o dossier recolle o proxecto para o que sería a quinta participación consecutiva neste rally, no ano 2024.

Eduardo Iglesias, no 2020 acadou o posto 94, no 2021 finalizou no posto 53 e no 2022 o posto 78 da xeral de motos. Ademais, foi o único piloto galego de motos que conseguiu rematar esta dura proba. De seguro, o piloto monfortino seguirá dando alegrías á afición que tras a súa recuperación xa está preparado para marchar a finais de abril a Marruecos e en maio a disputar a primeira carreira do campionato de Europa en Grecia, na que ano pasado, quedou subcampión.

O concello de Monforte foi un dos patrocinadores destacados, xunto coa Deputación de Lugo, do piloto monfortino. Deste xeito, o que supón unha importante proxección internacional.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...