HomeComarca de QuirogaQuirogaQuiroga de tapas ata o 7 de abril

Quiroga de tapas ata o 7 de abril

Este mércores 29 de marzo comezou a XI edición do concurso Quiroga de Tapas, unha das actividades que meterán esta vila de cheo na súa Feira do Viño. Este ano multiplícanse os premios por participar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición da cita cos mellores petiscos da hostalería local quiroguesa, seis son os participantes que presentan as seguintes tapas: Adega da María, “Follas de Outono”; Chapakuña 3, “Arepa Galega”; Ruxe-Ruxe, “Feitizo de polbo con ouro líquido de Quiroga”; Ferreiriño, “Empanadilla da nosa terra”; A Botica, “Xuntanza” e O Portón, “ O capricho do Portón”.

O funcionamento será o mesmo que en anos anteriores. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, ao prezo de 1´50 € deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante.

Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas poderá votar a súa favorita utilizando o mesmo tapacartón poñendo o nome da que elixe como gañadora e os datos da persoa participante e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso. Os e as concursantes terán de prazo ata o último día do concurso, o vindeiro día 7, ás 23:00 h para depositar os cartóns con todos os selos en calquera das urnas situadas en cada establecemento participante.

PREMIOS POR PARTICIPAR

Aqueles que depositen o documento acreditativo de ter participado –o tapacartón– entrarán no sorteo dos premios aos participantes. Como novidade deste ano, o primeiro destes premios será de 200€ e haberá un segundo premio de 100 €. A organización informa tamén que a maiores destes premios en metálico haberá moitos outros: Un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos); unha ruta en segway ao Mirador Pena do Castelo e degustación dun viño no Mirador; degustación dun viño para dúas persoas na adega Val do Frade en Vilachá; cea para dous en Chapakuña 3; cea de carne á pedra para dúas persoas na Cervecería Chamouco, en Bóveda; cea para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...