HomeMovementos sociaisEntrada solidaria para ver 3 curtametraxes monfortinas

Entrada solidaria para ver 3 curtametraxes monfortinas

A sala multicines Hollywood de Monforte acolleu o pasado venres 31 de marzo un acto solidario a beneficio da Asociación Cultural Musical “Luis Nieves".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto consistiu na proxección de 3 curtametraxes realizadas no colexio Escolapios, sendo o director o profesor Javier Saco, mestre que tivo como iniciativa doar os cartos das entradas á Asociación Cultural Musical “Luis Nieves”.

As curtas presentados foron “Darlo todo” (2018), “La Buena Elección” (2019) e “La chica de la Ventana” (2022), esta último galardoado o pasado martes co primeiro premio do certame Cineduca que organiza o Ateneo de Santiago para todos os centros educativos de Galicia.

Toda a recadación obtida neste pase especial será destinada integramente á mencionada asociación, que outorga anualmente unha bolsa musical para aquelas persoas que carecen de recursos económicos para iniciar ou ben continuar os seus estudos musicais. A filosofía desta iniciativa é fomentar a creatividade e a solidariedade entre a mocidade de Monforte, educando en valores e favorecendo a igualdade de oportunidades no acceso á cultura.

Publico asistente no Multicines Hollywood de Monforte. Foto: Asoc. Cultural e Musical “Luis Nieves”.

No ano 2019 Xornal de Lemos falaba coa nai de Luis Nieves, creadora da asociación monfortina.

ÚLTIMAS

No Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do CEIP de Quiroga

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas...

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para...

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu...

‘Memorias dun neno labrego’ encheu de público e de emoción o Multiusos

O pasado xoves 19 de febreiro a representación da obra de teatro “Memorias dun...