HomeCulturaQuiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

En marcha a novena edición da campaña Toponimízate. Valentín García, secretario xeral da Lingua destacou na presentación “a importancia da implicación da veciñanza coa conservación e recuperación dun dos nosos maiores tesouros, que é a toponimia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, participarán 12 novos concellos, polo que nestes anos chegou a un total de 120 municipios. “Ao incorporar máis persoas e identidades, seguimos a dar un relevante pulo a unha campaña que é todo un referente na preservación deste patrimonio inmaterial tan importante para a nosa identidade”, destacou García.

Neste senso, Valentín García apuntou que a importancia de contar coa colaboración da cidadanía “quedou demostrada recentemente co traballo realizado para a actualización do Nomenclátor de Galicia, onde foi de grande axuda a colaboración da cidadanía para xeorreferenciar unha grande cantidade de microtopónimos, recollendo a tradición oral asociada aos nomes dos nosos lugares”.

Actualmente xa participan no proxecto Galicia Nomeada, o marco no que se desenvolve a campaña Toponimízate, 4.300 colaboradores grazas aos que se levan introducido neste momento na plataforma preto de 110.000 microtopónimos. Trátase de nomes, tal e como se explicou no acto, vencellados a montes, terras, fontes, camiños, regos, penedos ou praias, entre outros.

Para a elección das 12 localidades que participan nesta nova quenda de charlas tivéronse en conta tres criterios principalmente: o estado de recolleita da súa toponimia tradicional, a ameaza que supón o despoboamento para a perda desta patrimonio, e o propio interese que amosaron as corporacións locais ou outras entidades culturais e veciñais en que a campaña visitase o seu municipio, como é o caso de Betanzos, Valdoviño, O Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía ou Moraña. Chegará a Quiroga, o 28 de agosto e a Paradela, o 4 de setembro.

A campaña Toponimízate está baseada en relatorios divididos en diferentes fases. Así, primeiro faise unha introdución xeral para que as persoas asistentes coñezan a riqueza toponímica que ten Galicia e, tras esta presentación, explícase minuciosamente o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, coa que a veciñanza poderá engadir na plataforma os topónimos que coñeza e a tradición oral vencellada a eles.  Por último, explícanse as utilidades prácticas para a Administración, o mundo da investigación e para a sociedade en xeral, desta información cultural, unha vez está xeorreferenciada e normativizada. Á vez, tras a recente aprobación do novo Nomenclátor de Galicia, tamén se fará referencia aos cambios introducidos que teñan que ver ese concello en particular, explicando  as motivacións desas modificacións.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...