HomePolíticaPablo Rivera: "A Xunta bloquea a apertura do centro de maiores de...

Pablo Rivera: “A Xunta bloquea a apertura do centro de maiores de Ribas de Sil”

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, denuncia que a Xunta de Galicia bloquea a apertura do Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil. “O Goberno galego dedícase a torpedear a tramitación porque non quere que se abra a residencia da Deputación antes das eleccións municipais. É o único que explica o informe desfavorable sobre o Permiso de Inicio de Actividade (PIA)".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O informe desfavorable recolle cuestións relacionadas coa accesibilidade en dous aseos e nas dimensións duns armarios de obra. Cuestións, reiterou o Deputado, “que xa contaban coa acreditación técnica do Goberno galego no proxecto que a institución provincial presentou para a súa construción”.

“A Deputación de Lugo fixo os deberes, as instalacións están en perfecto estado de revista, o persoal que vai traballar alí está seleccionado e a valoración dos novos residentes está feita”, sinalou Rivera Capón. O Deputado cualificou de “lamentable” a actitude do Executivo autonómico, que “está privando a 29 persoas e ás súas familias dunha dotación básica fundamental, xente que está nunha situación de vulnerabilidade e que está sen protección por cuestións meramente electoralistas, contradicindo os seus propios informes”.

A institución provincial enviou a contestación ao requirimento que recibiu o xoves da Xunta, nun oficio no que tamén solicita ao Goberno galego o expediente completo para poder determinar se se podería ter incorrido nalgunha cuestión de responsabilidade patrimonial por parte da Xunta de Galicia.

A Deputación argumenta tamén que “o obxecto da visita ocular da inspección non é nin pode ser revisar o que xa está autorizado e é contundente ao afirmar que “si existira un erro por parte da Xunta de Galicia, tería que asumir a responsabilidade das consecuencias deste, tanto a nivel económico como social”, denunciando que é a Administración autonómica a que “está a privar dun servizo de gran demanda social, dirixido a persoas de gran vulnerabilidade e que na actualidade non están sendo protexidas, porque existe un cambio de criterio, que non da normativa, en relación a un edificio”.

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...