Homesociedade80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

Os traballos abranguen algo máis dun quilómetro, o que supón actuar en toda a lonxitude desta vía que conecta coa LU-636 en Vilar de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias visitou a localidade para comprobar a marcha da actuación, cun orzamento de 80.300 euros financiados con cargo ao contrato de conservación e mantemento das estradas da zona sur da provincia de Lugo.

O proxecto céntrase na rehabilitación da capa de rodaxe, mediante a execución de fresados e a reposición do firme a carril completo. A obra vai a bo ritmo e se as condicións meteorolóxicas o permiten, pode quedar finaliza ao longo desta semana.

“A Xunta segue avanzando na mellora das infraestruturas viarias de Sarria”, afirmou o delegado, quen lembrou o Goberno galego acaba de investir 435.300 euros no acondicionamento de 3,5 quilómetros da estrada LU-636 ao seu paso polo municipio, dende o seu inicio na rúa Diego Pazos ata o polígono do Morelle. Neste momento estase a completar a última fase, que consiste no repintado das marcas viarias en todo o treito.

Igualmente, a Consellería vén de investir 895.500 euros no reforzo do firme e a mellora da seguridade nos oito quilómetros da LU-622, que discorre polos concellos de Sarria e Láncara.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...