HomesociedadeA fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

A fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga) concede o seu Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025 á fábrica de cemento Oural, propiedade da multinacional brasileira Votorantim Cimentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este premio, o maior recoñecemento na comunidade autónoma galega ao sector da Química Empresarial, entrégase cada ano para recoñecer a achega que as empresas situadas en Galicia fan á Química e en favor da sociedade galega. A concesión do premio á factoría cementeira Oural, que iniciou a súa actividade en 1962 na comarca de Sarria, foi por unanimidade na Xunta Xeral do Colexio Oficial de Químicos de Galicia celebrada no mes de outubro, que tamén decidiu designar Colexiado Distinguido 2025 ao químico Antonio Macho Senra, ex decano do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Químicos de España.

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia, como argumentos para a concesión deste galardón, apunta que a factoría lucense erixiuse desde o seu nacemento como “a planta de cementos de Galicia”. Colquiga destaca a súa localización “estratéxica” e o seu papel “revulsivo e dinamizador da economía de Lugo e tamén de toda a comunidade autónoma galega”. Os químicos tamén tiveron en conta “a excelencia na elaboración dun produto valorado en Galicia e exportado a terceiros países”. Colquiga valora a achega da factoría cementeira lucense “á formación de xeracións e xeracións de químicas e químicos de Galicia.

Colquiga destaca que a factoría de Oural “é exemplo da colaboración entre a universidade e a empresa” para impulsar novos proxectos de emprendemento. O decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Méndez, lembra que Cementos do Noroeste, embrión deste proxecto cementero, “naceu da man de visionarios como Arturo Martínez ou Isidro Parga co obxectivo de aproveitar os recursos naturais de Galicia”. Ao seu xuízo, foi unha das primeiras startups, tal e como hoxe denomínanse este tipo de compañías. “Así crearon unha factoría de referencia”, segundo apunta o decano.

O decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia entregará o premio aos directivos da factoría de cementos Oural na celebración da festividade de San Alberto Magno, patrón dos profesionais da Química. Será o próximo 15 de novembro cun xantar no Hotel Torre de Núñez, onde será entregado o premio á factoría cementeira Oural e ao químico Antonio Macho Senra, que recibirá o recoñecemento de Colexiado Distinguido.

Antonio Macho Senra

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...