Homesociedade1500 persoas viaxarán en Semana Santa nos catamaráns da Ribeira Sacra

1500 persoas viaxarán en Semana Santa nos catamaráns da Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación e alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu este sábado no embarcadoiro de Ponte do Sil aos pasaxeiros que realizaron a primeira viaxe deste ano 2023 das rutas fluviais en catamarán que a institución provincial ofrece pola Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A tempada arrinca con xa 1.500 reservas realizadas para os días de Semana Santa e con máis de 20.000 ata decembro. Estas cifras ao inicio dos percorridos ratifican “o éxito” que ten este servizo turístico, “incluso durante a pandemia. Con restricións de capacidade e coa obriga de levar mascarilla, chegamos a 40.000 pasaxeiros no ano 2021 e a 50.000 o pasado ano 2022”, subliñou o Presidente.

O mandatario provincial desexou aos primeiros viaxeiros da tempada de catamaráns da Deputación “que lles gustase a experiencia, que repitan, e que animen ás súas familias, amizades e coñecidos a que veñan á Ribeira Sacra, a disfrutar desta fermosa terra, que é un trozo de paraíso no interior de Galicia”.

Reservas, datas e horas

As persoas interesadas en realizar as rutas poden adquirir os seus billetes en reservas.rutasembalses.es. No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionarán dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas en 107 prazas no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo contará cunha capacidade total de 63 viaxeiros. 

Neste mes de abril, con motivo da Semana Santa, haberá servizo ininterrompido dende o día 1 ao domingo 9, en horario de mañá e de tarde. O resto do mes, os catamaráns da Deputación navegarán de mércores a domingo pola ruta Canon do Sil e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes as fins de semana. Igual que durante o mes de maio, no que tamén haberá servizo en ambas rutas o primeiro luns do mes, pola festividade do Traballo, e o día 17, con motivo das Letras Galegas.

No Canón do Sil, en xuño, xullo, agosto e setembro, haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 1 de outubro pasarán a funcionar de mércores a domingo e no mes de novembro as fins de semana. Tamén haberá servizo en horario de mañá e de tarde o mércores 1 de novembro, coincidindo co día de Todos os Santos.

No caso da viaxe que parte de Cabo do Mundo, en xuño habilítanse viaxes de mércores a domingo con tres frecuencias horarias. Para xullo, agosto e setembro o servizo funcionará durante toda a semana. A partir do 1 de outubro e ata a ponte de decembro pasarán a funcionar só as fins de semana, a excepción da ponte do 12 de outubro, que haberá viaxes do mércores ao domingo, e a ponte de Todos os Santos, que haberá servizo tamén o 1 de novembro.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...