HomePolíticaPontón: "Estamos nun concello que con Emilio na alcaldía será un Monforte...

Pontón: “Estamos nun concello que con Emilio na alcaldía será un Monforte novo, cun PXOM actualizado, cunha zona histórica rexenerada,…”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asistiu á presentación de Emilio Sánchez Iglesias como candidato do BNG á Alcaldía de Monforte, ao que definiu como "sinónimo de coherencia, compromiso, entrega, traballo, coñecemento e ilusión".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A líder do Bloque deixou claro que Emilio Sánchez é “a aposta do BNG con experiencia e unha persoa que vai poñer sobre a mesa para construír un futuro mellor”. Referiuse á xenerosidade e dedicación que caracterizan a Emilio Sánchez, presentándoo como “a persoa idónea para dar pasos firmes cara a un concello máis humanizado e deseñado a medida das persoas”.

Ana Pontón aseguraba que falar de Monforte é falar de historia e patrimonio, pero tamén quere ser unha cidade moderna, adaptada aos tempos actuais, que aproveite a súa condición de capital da Ribeira Sacra. “Estamos nun concello que con Emilio na alcaldía será un Monforte novo, cun PXOM actualizado, cunha zona histórica rexenerada, con máis oportunidades económicas, con mellores servizos e un rural con posibilidades para as persoas. Tamén se apostará por un turismo sustentable, que coide e poña en valor o rico patrimonio histórico e natural do concello”.

“O BNG, onde goberna, demostra que ten un modelo municipal transformador que fai avanzar en positivo”, indicou a portavoz nacional. Pontón quixo tamén poñer de exemplo o modelo transformador do BNG en concellos como Ribadeo, Foz, Muras, Pontevedra ou Allariz e indicou que “Monforte merece un goberno que crea nas súas posibilidades e traballe para desenvolvelas como fará o equipo que forma a candidatura encabezada por Emilio Sánchez”.

“É o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida dos galegos e das galegas, de atender ás súas necesidades e de comezar a construír o País que queremos, concello a concello”, destacou, manifestando que “é o momento do BNG, de Emilio Iglesias e do seu equipo para facer que Monforte avance a partir do 28M”.

Candidatura Emilio Sánchez presentación / BNG

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...