HomeCulturaEste 12 de abril ás 17:00h, preséntase no CPI Uxío Novoneyra, un...

Este 12 de abril ás 17:00h, preséntase no CPI Uxío Novoneyra, un proxecto europeo de educación escénica inclusiva

Kirenia Danza presenta "Afectos", usta nova coprodución co Centro Coreográfico Galego que se presenta no marco do encontro europeo ABMS na Serra do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A peza, coproducida polo Centro Coreográfico Galego-AGADIC, é a derradeira entrega da triloxía coreográfica Os vulnerables e trata o impacto da pandemia da COVID-19 nas persoas migrantes e a súa rede de afectos.

A compañía demostrou o seu compromiso con este tema a través das entregas previas “E-migrantas” e “Primeiro a vida!”, abordando a necesidade dun cambio no modelo actual de xestión das crises sociais. Afectos” invita ao público a reflexionar sobre a importancia da solidariedade en tempos difíciles e rende homenaxe á complexidade das emocións humanas. Tamén se enfoca no patrimonio humano da migración, como o Camiño de Santiago en Galicia, ao Kumano Kodo en Xapón, os corredores humanitarios da Ucraína e as novas rutas de emigración centroamericana, sendo unha invitación a conectarse co noso propio ser emocional e recoñecer a importancia de protexer os dereitos fundamentais das persoas migrantes e desprazadas.  

A peza será interpretada por un gran equipo artístico, no que destaca o actor e bailarín courelao, Bal Castro. Despois do espectáculo terase a oportunidade de coñecer o proceso de creación co elenco, xunto aos participantes internacionais do evento vidos de Portugal, Hungría, Alemaña e Serbia, que colaboran neste proxecto europeo de educación escénica inclusiva. A entrada será de balde. Pódese obter máis información na páxina web do proxecto e na da compañía antibullyingmovementseries.eu e kireniadanza.gal

ÚLTIMAS

Morre a avoa de Galicia, natural de Sober, aos 111 anos

Lola da Pena cumprira 111 anos o pasado 23 de maio, o que a...

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, reelexido secretario xeral dos socialistas

O PSdeG-PSOE de Taboada celebrou a súa asemblea local, na que foi reelixido como...

Segredos de Pantón organiza o roteiro ‘No Deade dos séculos XVIII e XIX’

A asociación cultural Segredos de Pantón retoma a actividade cultural coa organización dunha andaina...

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...