HomesociedadeUnha Medieval multitudinaria vestiu Monforte de cor, calor, sons e lume

Unha Medieval multitudinaria vestiu Monforte de cor, calor, sons e lume

Esta fin de semana Monforte celebrou a XIX edición da Feira Mendieval, a cita medra ano tras ano e camiña para converterse en Feira de Interese Turístico de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cidade do Cabe regresou esta fin de semana á época medieval. As rúas vestíronse para a ocasión e tamén o fixeron moitos dos veciños e visitantes que participaron da festa. O ambiente completábase cos diferentes espectáculos e actividades, os postos gastronómicos e de artesanía repartidos por todo o casco histórico, as xustas medievais do campo dos Escolapios ou a cetrería na Praza de San Antón e As Lendas que amenizaron con ambientación sonora esas horas bruxas de meigas e trasgos que se mesturaban coa xente.

Se as Festas Patronais enchen de vida a cidade, o mesmo acontece coa Feira Medieval. Ademais da cantidade de xente que participou de todas as propostas, sen faltar á subida a San Vicente para a solta de faroliños; os locais de hostalería estaban ata a bandeira e os estacionamentos quedáronse xustos para recibir á cantidade de visitantes que quería participar da Feira e tamén coñecer o patrimonio histórico de Monforte.

No casco histórico o ambiente sonoro era unha festa, que chamaba a viaxar no tempo e pasear as rúas vestidos para a ocasión. Un ano máis o Monforte Medieval gozou de boa climatoloxía, a hostelería case remata existencias e a noite do sábado prolongouse ata a mañá seguinte, un domingo no que se seguiu gozando dunha cita que xa ten consolidada a súa presenza entre as mellores Feiras Medievais de Galicia.

Apertura Feira Medieval 2023 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...