HomesociedadeAlumnado de francés do IES A Pinguela viaxa a Francia

Alumnado de francés do IES A Pinguela viaxa a Francia

Intercambio do alumnado do IES A Pinguela co do Lycée Edouard Branly de Chatellerault.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato con Francés do IES A Pinguela vén de recuperar o habitual intercambio co Lycée Edouard Branly de Chatellerault.

Coñeceron Burdeos, Tours (cathédrale, place Plumereaux, musée des beaux arts…) e París (Montmartre, Torre Eiffel, Bateau Mouche, Musée de Louvre, Fontaine St Michel…), visitaron Futuroscope e Eurodisney, “nunha viaxe espectacular organizada polo departamento de francés do centro.”

A finais de abril serán os alumnos do centro monfortino os que reciban aos seus correspondentes franceses para coñecer a Ribeira Sacra e outros lugares de Galicia.

Intercambio IES A Pinguela Francia 2023 / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...