HomeCultura3.000€ para axudar a cada unha das 7 Festas de Interese Turístico...

3.000€ para axudar a cada unha das 7 Festas de Interese Turístico de Galicia no sur da provincia

Publicada no DOGA do 11 de abril a resolución de axudas aos concellos para o apoio, promoción e difusión das Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na provincia de Lugo concédense achegas para 21 eventos noutros tantos municipios, que suman un orzamento de 63.000 euros, a razón de 3.000 euros en cada caso.

Na zona Sur obteñen axudas a Feira do Viño de Amandi de Sober, o Folión de Carros de Chantada, a Festa da Castaña de Folgoso do Courel, a Feira do Viño de Pantón, a Mostra do Aceite de Quiroga no Muíño de Bendilló, e a Queima das Fachas de Taboada.

Na Terra Chá o Belén Electrónico de Begonte, a Festa da Filloa de Cospeito, e o Festival de Pardiñas de Guitiriz, e en Meira a Festa da Malla.Na comarca da Mariña resultaron beneficiadas a Feira das San Lucas de Mondoñedo, o San Lourenzo de Foz, a Festa do Ourizo de Cervo, a Romaría do Naseiro de Viveiro, o Festival Folclórico Internacional do Emigrante de Barreiros, a Festa da Faba de Lourenzá, e o Día da Gaita e Romaría a Santa Cruz de Ribadeo.

Igualmente, reciben achegas a Feira de Santos de Monterroso, Feira do Queixo e do Pan de Ousá de Friol, a Feira do Queixo do Cebreiro de Pedrafita, e a Feira da Tenreira Galega de Láncara.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...