HomesociedadeO Portón gaña o XI Concurso Quiroga de Tapas

O Portón gaña o XI Concurso Quiroga de Tapas

Este mércores abríanse na casa consistorial as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns co nome dos establecementos votados polos participantes. 70 votos foron para o establecemento gañador, seguido moi de preto polo Mesón Ferreiriño, con 68 votos e pola Adega da María con 63 votos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O bar O Portón coa tapa “O Capricho do Portón” foi o gañador do XI Concurso Quiroga de Tapas que se desenvolveu entre o 29 de marzo e o 7 de abril

Seis foron os establecementos inscritos nesta edición que contou cunha numerosa participación, 323 tapacartóns debidamente cubertos. Os participantes que votaban a súa tapa favorita tamén tiñan que poñer os seus datos persoais e era importante que estes datos fosen completos e lexibles posto que todos os tapacartóns entraron nun sorteo.

Os premios para os participantes eran 200 € e 100 € en metálico, un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), unha ruta en segway ao Mirador Pena do Castelo e degustación dun viño no Miradoiro; degustación dun viño para dúas persoas na adega Val do Frade en Vilachá; cea para dous en Chapakuña 3; cea de carne á pedra para dúas persoas na Cervecería Chamouco, en Bóveda; cea para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

Quiroga de tapas 2023 reconto de votos / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...