HomeCulturaFinal intercentros do concurso de Oratoria Improvisada en Lingua Galega no IES...

Final intercentros do concurso de Oratoria Improvisada en Lingua Galega no IES Río Cabe de Monforte

Este 13 de abril tivo lugar no Salón de Actos do IES Río Cabe (Monforte de Lemos) a final intercentros do concurso de Oratoria Improvisada en Lingua Galega. Actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que xa contaba con tradición nese centro de ensino e na que, este curso 2022-23, participaron dous centros máis: o IES Martaguisela, do Barco de Valdeorras, e o IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na final participaron 21 estudantes dos diferentes niveis educativos dos tres institutos; a rapazada debía falar un minuto sobre unha palabra escollida ao chou dunha preselección. “Pode parecer sinxelo, mais non o é. As intervencións foron, malia os nervios, marabillosas, e o alumnado deu renda solta á improvisación, á creatividade e, incluso, á etimoloxía”, aseguran desde o centro.

O acto rematou cunha actuación musical en directo e coa entrega de diplomas e agasallos aos finalistas e premios aos tres alumnos que mellor puntuación acadaron neste orixinal duelo lingüístico. A xornada continuou con tres actividades colectivas: unha visita guiada polo Monforte medieval e histórico (conxunto arquitectónico de San Vicente do Pino, xudería, Praza de España, Colexio de Nosa Señora da Antigua, Ponte Medieval) con parada na antiga librería Xistral, poñendo así en valor a figura do poeta Manuel María (que estaban estudando algúns mozos), e coa intervención de dúas alumnas do IES Martaguisela, que prepararan a lenda da Coroa de Lume para os seus compañeiros. Comida de confraternidade no comedor do IES Río Cabe e, finalmente, a visita ao miradoiro do Duque.

Os premiados foron os seguintes:

Categoría 1.º e 2.º de ESO: Marc López Celeiro (IES Xograr Afonso Gómez), Icía Veiga López (IES Xograr Afonso Gómez), Paula Bouso González (IES Río Cabe)

Categoría 3.º e 4.º de ESO: Demetrio González Álvarez (IES Río Cabe), Mario Prada Rodríguez (IES Martaguisela), Anxo Sobrado Rodríguez (IES Xograr Afonso Gómez)

Categoría 1.º e 2.º de BAC: Carlos Vilariño Romero (IES Xograr Afonso Gómez), Mauro Díaz Gayoso (IES Xograr Afonso Gómez), Héctor Rosende Núñez (IES Río Cabe)

Finalistas Concurso de Oratoria Improvisada en Lingua Galega no IES Río Cabe / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

A doutora Mª José Martín, relatora nun prestixioso congreso sobre cirurxía bucal

A Doutora Mª José Martín, coñecida polo seu labor ao fronte dunha clínica odontolóxica...

Accidente de tráfico na Pobra do Brollón

O ocupante dun turismo tivo que ser liberado ao quedar atrapado polos pés tras...

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...