HomesociedadeUnha demolición obrigará a cortar o tráfico na rúa Calexa de Sarria

Unha demolición obrigará a cortar o tráfico na rúa Calexa de Sarria

Trátase dun edificio de sete plantas e 48 vivendas e o derrube obrigará a activar desde o vindeiro luns un plan de tráfico que cortará a circulación de vehículos na rúa afectada.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, informou este venres 14 de abril que o comezo dos traballos de demolición da estrutura do edificio de sete plantas e 48 vivendas situado na rúa Calexa obrigará a activar desde o vindeiro luns un plan de tráfico que cortará a circulación de vehículos nesa rúa. O tramo afectado será o que vai dende o cruce coa rúa Frei Luis de Granada ata o cruce coa rúa Padre Sarmiento.

Segundo explicou o rexedor, a Policía Local instalará paneis informativos advertindo do corte da rúa Calexa e aos veciños residentes nesa zona permitiráselles o acceso aos garaxes. Claudio Garrido tamén avanzou que esta limitación da circulación prolongarase durante aproximadamente mes e medio “por razóns de seguridade mentres se desenvolven os traballos de demolición”.

“Pedimos desculpas anticipadamente polas molestias que se poidan ocasionar, pero esta demolición para a que a Xunta de Goberno Local concedeu licenza no mes de marzo é necesaria e simbólica porque eliminará un dos grandes impactos visuais urbanísticos sobre o Camiño Francés ao paso por Sarria”, manifestou o alcalde.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...