HomePolíticaOs populares de Ribas de Sil presentan unha candidatura "vinculada ao terreo...

Os populares de Ribas de Sil presentan unha candidatura “vinculada ao terreo e ás necesidades que temos como pobo”

O candidato á alcaldía de Ribas de Sil polo PP, José Rodríguez, presentou este venres a candidatura coa concorre ás eleccións do 28 de maio. Contou co apoio do coordinador xeral do PP Provincial, José Manuel Balseiro, e do responsable de Facenda e Administración Pública do Goberno galego, Miguel Corgos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Rodríguez destacou que a renovación supera o 44%. Trátase, por tanto, dunha lista “pensada para gobernar e para que quen gañen sexan os veciños de Ribas de Sil. Somos un equipo implicado con Ribas de Sil que traballa unido e de forma conxunta co obxectivo de mellorar os servizos aos veciños. Somos nove persoas,  cunha mestura de xente nova e tamén de xente con experiencia no ámbito da política municipal”. Repiten catro dos nove integrantes, entre os que se atopan os actuais concelleiros -Isaac Lamas e Rosa Novoa- que pechan a lista.

O alcaldable puxo en valor que “son xente vinculada ao terreo, xente de distintos ámbitos e implicada na vida social do municipio”, afirmou. Rodríguez agradeceu que deran un paso adiante e se impliquen nun proxecto de futuro para Ribas de Sil centrado en fomentar o asentamento da xente nova, potenciar o noso -viticultura e turismo- e, sobre todo, en atender as necesidades dos veciños”. O popular sinalou, por exemplo, a mellora dos espazos públicos e acondicionamento das pistas, o  impulso da dinamización social a través de actividades e deporte para mozos e maiores, a atención social coa mellora do SAF e a dotación de servizos. Os populares aseguran estar recollendo as suxestións a veciñanza para implantar no concello e lembran que grazas ao Goberno galego en poucas semanas o municipio contará con servizo de caixeiro automático.

A lista completa é a seguinte:

  • Jose Rodríguez Fernández. Socorrista e peón forestal vinculado ao deporte.
  • Emilia Sandra Macía González. Emprendedora e empresaria viticultora.
  • José María González Álvarez. Traballador de piscifactoría e veciño que participa activamente na vida social da súa parroquia, Torbeo.
  • Emilio Fernández Arias. Xubilado retornado ao seu municipio natal.
  • Jesús Ballesteros Pardo. Xubilado e ex concelleiro popular no municipio.
  • Rosa Novo Castro. Administrativa e concelleira do PP durante os últimos 8 anos.
  • José Isaac Lamas Álvarez. Comerciante e concelleiro do PP durante os últimos 12 anos.

Suplentes: Jesús Vicente Fernández. Brigadista e veciño da parroquia de San Pedro; Daniel León López. Peón do sector da construción.

ÚLTIMAS

Este 20 de xullo comeza o Ciclo Mestre Mateo na Pobra do Brollón con 10 proxeccións ata outubro

O Ciclo Mestre Mateo volve este 2025 á Pobra do Brollón grazas á Academia...

O PP de Monforte pedirá no pleno instar ao Ministerio de Transporte a mellorar as frecuencias ferroviarias da cidade e rematar as obras da...

A voceira popular, Katy Varela, destaca que “non se trata de cores políticas, senón...

Os socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior empresa local

Metal Power é unha empresa familiar que conta con preto de vinte traballadores, sendo...

Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, anuncia que ten cancro de pel e delega temporalmente no seu número dous

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, anunciou que padece cancro de pel...