HomePolíticaEsperta Monforte presenta a súa candidatura para "afrontar con ilusión" 12 anos...

Esperta Monforte presenta a súa candidatura para “afrontar con ilusión” 12 anos na corporación municipal

Esperta Monforte considera máis necesaria que nunca a sáa presenza na próxima corporación e acode coa ilusión de ser decisivos na formación do goberno "para contribuir a solucionar os problemas que ten Monforte".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación da candidatura, Esperta Monforte fixo referencia á ilusión coa que se afrontan as vindeiras eleccións despois dun traballo de oito anos na corporacion municipal. “Os nosos concelleiros realizaron un labor de oposición democrática, presentando ducias de mocións, preguntas e rogos para control e impulso do goberno municipal,” aseguran.

A candidatura de Esperta Monforte asegura que son temas a solucionar:

  • Declive demográfico, perda  imparable de poboación  (20.006 habitantes en 1999, e 18.081 habitantes en 2022), que leva tamén a un deterioro económico.
  • Falta de apoio ás familias e carencia de  prazas de escolas infantís
  • Perda de servizos  públicos e cerre de negocios.
  • Perda de patrimonio e deterioro urbanístico, máis de 1.000 vivendas en estado precario de conservación ou directamente en estado de ruína.
  • Problemas medioambientais graves: verteduras das augas fecais ao rio Cabe, unha depuradora  insuficiente e incremento progresivo das plantacións de eucalipto no municipio.
  • Dedicación a tempo incompleto do Alcalde ao seu traballo municipal.

Esperta Monforte comprométese a “elaborar un imprescindible PXOM no contexto dun planeamento urbano integral que contemple a peonalización inmediata de Ponte Vella, defender o Malecon. Defensa dos servizos e sanidade publica. Creación de prazas de escolas infantis. Remunicipalización da auga, piscina municipal e Servizos de atención a maiores e dependentes. Defensa do medio rural dotándoo de acceso a transporte público accesible. Defensa do patrimonio natural e apoio ao deporte local de base e popular.”

“Esta candidatura representa a implicación na vida pública de xente normal, cun proxecto que aposta polo ben común e un Interior Galego Vivo. Non somos políticos profesionais”, aseguran. A candidatura que encabeza o actual concelleiro da formación, Jaime Germán Vázquez, compóñena:

  • Manuel López Martínez, Licenciado en educacion fisica e impulsor  do deporte local.
  • Maribel García Díaz, Enfermeira , compromentida coa sanidade púbilica.
  • María Teresa Rodríguez Rodríguez, residente e loitadora polo rural.
  • Dositeo Pardo Losada, Traballador na carniceria de Prodeme.
  • Zaira Vázquez Rodríguez, Auxiliar de clínica.
  • Andrés Gómez-Chao Fernández, Médico internista .
  • Rocío González Figueiras, Orientadora educativa.
  • Óscar González Figueiras,  Mestre de educación física.
  • Larisa  González Grande, Bióloga e comprometida co medioambiente
  • Alberto Álvarez Pollos, Empresario do textil.
  • Graciela TaboadaMariño, Técnica informática. Cociñeira
  • Manuel Quiroga López, Técnico en Emerxencias Sanitarias.
  • Yolanda Rodríguez Rodríguez, Cociñeira.
  • Néstor Hermida Rodríguez, Traballador de perforacións e comprometido con medio rural.
  • Ana María Soto Sánchez, Empregada de fogar.
  • Marina Vidueira Franjo, Profesora de secundaria.

Suplente, María Carmen García Diaz, Traballadora social.

Candidatura Esperta Monforte 2023 / Esperta Monforte

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...