HomePolíticaO mal estado das naves do mercado gandeiro de Monforte

O mal estado das naves do mercado gandeiro de Monforte

O BNG de Monforte levará ao próximo pleno unha proposta para que se realicen os arranxos pertinentes nas instalacións do campo da feira.

Publicado o

- Advertisement -

As instalacións do mercado Gandeiro de Monforte, situadas no campo da feira, precisan unha restauración e acondicionamento. As naves teñen as paredes estragadas polas humidades, roturas nas cubertas e chan en mal estado.

O BNG propoñerá o arranxo destas edificacións para o próximo pleno. Propoñen que despois da súa reparación poidan ser empregadas para albergar aos comerciantes da feira nos momentos nos que a meteorolóxica non sea favorable.

Estado de abandono da nave do antigo mercado gandeiro. Foto: BNG Sul

Propoñerán tamén a creación e xestión dun programa de actividades para os días feirados encamiñadas á potenciación do sector agro-gandeiro da zona, vinculadas a este espazo, unha vez sexa arranxado. Por todo isto van suxerir que se faga un estudio para modificar a actual estructura da feira.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...