HomesociedadeEste 25 de abril cortarase ao tráfico a rúa Doutor Casares de...

Este 25 de abril cortarase ao tráfico a rúa Doutor Casares de Monforte

Este martes, 25 de abril, permanecerá pechado ao tráfico un tramo da rúa Dr. Casares con motivo de obras de mellora no subministro na rede xeral de auga que vai a realizar a empresa FCC Aqualia S.A.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A rúa permanecerá pechada dende as 15:00 h deste 25 de abril ata o remate das obras. A Policía Local puxo en marcha un dispositivo para regular o tráfico durante o tempo que duren as actuacións co obxectivo de ocasionar as mínimas molestias posibles aos veciños que viven e transitan pola zona de forma cotidiá.

Dende o Concello solicitan a colaboración dos veciños e veciñas das rúas afectadas cumprindo as instrucións da Policía Local durante o transcurso das obras de mellora da rede de auga e piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar no transcurso das mesmas.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...