HomeCulturaAxenda cultural e de lecer na Ribeira Sacra

Axenda cultural e de lecer na Ribeira Sacra

Fin de semana con moitas alternativas de entretemento intelectual e festivo para todos os públicos en diferentes concellos da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Estamos en pleno outono e as actividades culturais e de lecer a cuberto empezan a anunciarse nas programacións dos concellos. Actividades de gran calidade e case sempre de balde co cal non hai moita escusa para non achegarse e gozar delas.

Así, para esta fin de semana, os amantes da música teñen o sábado 27 no Concello de Chantada un concerto moi especial a cargo da súa Banda Municipal. Será ás 19:30 h. no Auditorio Municipal e poñerá peche ao ciclo IV Outono Musical “Lourdes Vázquez Ledo”. E ese mesmo día, pero en Monforte de Lemos, a Coral Renfe ofrecerá un concerto de outono ás 20:30 h. no salón de actos da Asociación A Fraternal-Estación.

Se o que nos gusta é a poesía, este sábado ás 17:30 h. o Concello da Pobra do Brollón convídanos ao I Recital de Poesía “Tinta da Terra” que terá lugar o na Adega Couso en Vilachá de Salvadur. Intervirán no mesmo Olga Novo, Antón Lopo, Teresa Moure, Mónica Sánchez e Noa Moreira. Ao remate do mesmo ofreceranse petiscos e viño de Vilachá aos asistentes.

A proposta escénica para este 27 de outubro ás 20:00 h. chéganos do Concello de Bóveda coa representación da obra “Cumprimento de contrato” do grupo de teatro monfortino Teatreiras no Centro Sociocultural. Está enmarcada dentro do programa Buxiganga Teatro Afeccionado da provincia de Lugo, de balde e para público adulto. E tamén de teatro vai a proposta do Concello de Pantón dentro dese mesmo programa para o domingo 28 ás 18:00 h. Representación da obra “Farsa Plautina” a cargo do grupo de teatro Os Trocos de Castro de Rei. Entrada de balde.

Pensando nos máis pequenos e en espectáculos de carácter máis familiar, o mesmo 27 hai programada en Quiroga unha actuación de maxia. Chrystian Magic ofrece o show “Atrapado na Torre” na Casa da Cultura ás 19:00 h. actividade que servirá para conmemorar o pasado “Días das Bibliotecas”. E xa para o domingo 28 o Concello de Sarria ofrece a actuación da Aula de Teatro Infantil do concello co musical “Grease”, será ás 18:00 h. na Casa da Cultura.

Aínda que non sexa unha actividade cento por cento a cuberto, para os amigos/as da troula e da música tradicional temos o sábado 27 a II Foliada e Cantos de Taberna de Taboada. Ás 18:00 h. faise a xuntanza dos grupos na Alameda para iniciar o pasarrúas, ás 19:00 h. comezarán os cantos de taberna polos bares da vila e ás 23:00 h. cunha foliada poñerá o fin de festa. Organiza este evento a Asociación Rechouchios e colabora o propio Concello de Taboada.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...