HomeCulturaA Deputación promociona o románico con varios roteiros

A Deputación promociona o románico con varios roteiros

Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas deste mes de maio. A institución provincial promove así a terceira edición dun programa que organiza con motivo do "Día da Transrománica", ofrecendo en total 400 prazas, 25 por itinerario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo bota a andar a terceira edición do programa de actividades gratuítas con motivo do “Día da Transrománica”, que se celebra o 9 de maio. Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas do mes de maio.

As visitas faranse os días 6, 7, 9, 13 e 14 dste mes e estarán dirixidas por un guía oficial de turismo. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas e no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas.

As inscricións poden facerse na web http://inscricions.deputacionlugo.org ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico romanico@deputacionlugo.org

A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo. Está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Cartel coa programación / Deputación de Lugo

PROGRAMA COMPLETO

A programación organizada este ano pola Deputación con motivo do Día da Transrománica é a seguinte:

Sábado, 6 de maio

– 10:30 horas. O románico nas Terras da Ulloa: Antas de Ulla.

10:30 horas. Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.

16:30 horas. O románico de Taboada.

16:30 horas. O románico nas Terras da Ulloa: Palas de Rei e Monterroso

Domingo, 7 de maio

10:30 horas. Pantón: A ruta do monacato feminino.

11:00 horas. O románico na contorna do Miño e o Camiño de Santiago: Portomarín e Paradela.

16:30 horas. Sarria: o románico no Camiño Francés.

16:30 horas. O Saviñao: románico con vistas ao Miño.

Martes, 9 de maio (Día da Transrománica)

– 11:00 horas. A Catedral de Lugo e a o burgo medieval.

Sábado, 13 de maio

– 10:30 horas. O románico en Chantada.

– 10:30 horas. Monforte na historia.

– 16:30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel.

Domingo, 14 de maio

– 10:30 horas. O románico de Sober.

– 11:00 horas. Santa María de Meira.

– 16:30 horas. O románico do Lugo rural e Guntín.

– 17:00 horas. Os tempos dourados de Afonso IX. Visita a unha importante vila medieval do Reino de Galicia: Viveiro.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...