Repite como aspirante a alcalde polo BNG, Xosé Manuel Fernández, concelleiro que presentou oposición estes catro anos “con consistencia, perseverancia, rigor, compromiso e gran capacidade de traballo. Unha experiencia que lle permitiu tamén estar máis preto dos problemas do día a día e coñecer mellor as engranaxes municipais.”
Os nacionalistas insiten “nas posibilidades que ofrece o novo escenario político quirogués. Un panorama que presenta unha nova forza pola dereita, Independientes Por Quiroga, e a ausencia de Julio Álvarez na lista do PP. Ademais, nestes dous casos ningún dos candidatos ten experiencia previa como alcalde…”
O primeiro acto de campaña que anuncia a formación nacionalista será o 12 de maio na casa da cultura de Quiroga ás 20:30 h. Presentarase ao candidato á alcaldía, ao resto da candidatura e farase avance do programa electoral. Contarán coa presenza de Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento Europeo onde forma parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea-Los Verdes, e de Carmen Aira, deputada por Lugo do BNG no Parlamento Galego.
Candidatura do BNG de Quiroga:
- Xosé Manuel Fernández Montes (Licenciado en Dereito, Especialista en Propiedade Intelectual e Representante de Artistas. Presidente da Asociación Boca do Monte)
 - Anais González Álvarez (Mestre de Educación Infantil)
 - Álvaro Rodríguez González (Autónomo dedicado á viticultura)
 - Yolanda Montenegro López (Delineante e Técnica en Prevención de Riscos Laborais. Traballa nun estudio de Enxeñería)
 - Rubén Figueroa López (Pensionista, agricultor e apicultor)
 - Manuel Álvarez Fernández (Mestre de matemáticas xubilado. Foi Director do IES de Quiroga)
 - Yolanda López López (Traballadora en empresa de automoción e sindicalista)
 - José Adrián González Álvarez (Autónomo no eido dos traballos forestais)
 - Francisco Javier Carbón López (Administrativo e responsable de calidade nunha canteira)
 - Iria Rodríguez Macía (Filóloga pola USC e autónoma no eido da hostalería)
 - María Carmen Santos Rivera (Estudou Química e traballa na casa)
 
Como suplentes están: Xosé Estévez Rodríguez (Historiador e mestre xubilado de Universidade), Zeltia Mateo Álvarez (Peiteadora, esteticista e maquilladora autónoma), Xesús López Rodríguez (Soldador xubilado).

                                    