HomePolíticaOs socialistas do Páramo presentan unha candidatura "para facer un concello máis...

Os socialistas do Páramo presentan unha candidatura “para facer un concello máis moderno e competitivo”

Os socialistas do Páramo presentan unha "candidatura renovada, que desenvolverá un traballo útil para a veciñanza e comprometida co futuro do municipio", manifesta o candidato socialista ás eleccións municipais, José Manuel Gayoso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, subliñou “o compromiso co seu pobo” que demostra José Manuel Gayoso ao liderar o proxecto socialista e comprometeuse co candidato a “traballar xuntos cando sexa alcalde”.

O candidato socialista quere facer O Páramo “máis moderno e competitivo e dotalo de todos os servizos, como merecemos”. José Manuel Gayoso remarcou que vai “colaborar con tódalas administracións públicas para conseguir o apoio institucional necesario e a financiación precisa para afrontar melloras dotacionais no concello, en todos os niveis, e contando sempre coa participación activa das asociacións do Páramo, tanto veciñais, de montes, culturais, deportivas, etc.”

“Solucionar os fallos no subministro municipal de auga, ofrecer máis servizos e alternativas aos maiores e á mocidade, o apoio ao sector primario e a mellora das comunicacións por estrada serán piares do programa electoral”, asegura Gayoso.

A candidatura socialista do Páramo está composta por:

  • José Manuel Gayoso López
  • Marcelina López Fernández
  • María José López López
  • José Antonio Vázquez Meilán
  • Francisco Rodríguez López
  • María José Luisa Ramona Valcárcel Fernández
  • Manuel Pérez López
  • Eliseo Fernández García
  • Javier López Zolle

Suplente: Sara Fuenteseca Teijeiro

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...