HomeEconomía20.000€ en premios para impulsar ideas co Concurso de Proxectos Empresariais Semente...

20.000€ en premios para impulsar ideas co Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, inscrición aberta ata o 31 de maio

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Mantense a idea coa que se creou a asociación Semente Monforte, facendo reverter na cidadanía o premio da Lotaría do Neno do ano 2014. Chegados á IX edición, o Concurso segue consolidándose con novas colaboracións e maiores incentivos económicos para os emprendedores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para incentivar a participación, o Concurso presentouse a finais de abril no IES Río Cabe de Monforte, esta semana levouse á Universidade de Santiago e o día 9 ás 19.00 h. presentarase na Universidade da Coruña. Co mesmo propósito Semente Ribeira Sacra está promocionando nas redes sociais aos gañadores de anteriores edicións anteriores con entrevistas sobre o seu proxecto e a experiencia no Concurso.

Nesta IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:

1º Premio – 10.000 €
2º Premio –  6.000 €
3º Premio –  4.000 €

Ata o 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 20 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

A estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto)

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de outubro do 2.023, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.

Semente Ribeira Sacra na USC / Asoc Semente Monforte

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...