HomePolítica"Co corazón en Bóveda", así presenta o BNG a candidatura para as...

“Co corazón en Bóveda”, así presenta o BNG a candidatura para as municipais

Este sábado pesentouse no hotel Vilaboa de Bóveda a candidatura dos nacionalistas no concello e fíxoo co lema "Co corazón en Bóveda". O candidato á alcaldía, Xavier Castro, acompañado de toda a candidatura e da parlamentaria, Carme Aira, asegurou que "se presenta co corazón para cambiar décadas de desleixo e inanición do Partido Popular".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a presentación expuxéronse as ideas principais do programa “para sacar a Bóveda da parálise e o esquecemento, democratizar o trato a toda a veciñanza sen exclusións, nin favoritismos”. O candidato á alcaldía, Xavier Castro, insistiu na necesidade de dinamizar a vida económica, cultural e política do concello. A loita contra o despoboamento, o apoio á cultura, desenvolver unha economía circular que deixe beneficios no concello son algunhas das actuacións propostas. Recollen a necesidade de mellorar as estradas municipais e dunha residencia de anciáns e centro de día, “que empezarán os trámites nada máis empezar no goberno para que estean funcionando antes de rematar a lexislatura.”

O Servizo municipal de auga é outro compromiso do BNG, “non podemos ter a traída de auga só nas vilas e, en épocas de seca velar en todo momento o subministro para facer fronte ás cianobacterias xa que a auga é un ben de primeira necesidade non só para as vilas, tamén para as parroquias e familias que lles secaron as traidas particulares co quecemento global e están sen ela desde hai 1 ano e o Concello non atende as súas demandas, son varias parroquias con este problema.”

O BNG pretende loitar contra a fenda dixital no Concello, mellorando infraestruturas e ofertando cursos de alfabetización dixital a toda a veciñanza. “Faremos unha política humilde de todas para todos sen desprestixiar, atendendo tamén ao turismo e ao rico patrimonio do concello que en ningún momento se está a facer visible.” concluíu Xavier Castro que se despediu cuns versos do escrtitor Lois Diéguez que pecha a candidatura.

Candidatura BNG Bóveda / BNG Bóveda

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...