HomePolíticaO PSOE de Quiroga presenta candidatura “para darlle a volta ao...

O PSOE de Quiroga presenta candidatura “para darlle a volta ao concello, con políticas útiles para a veciñanza”

A agrupación socialista de Quiroga presentou na Casa da Cultura da localidade a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabeza Vicente Parra Vizcaíno. O acto contou coa participación do secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca e da Deputada no Congreso Ana Prieto, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé asegurou estar convencido “da clara oportunidade dos socialistas nas vindeiras eleccións para poñerlle fin a este ciclo político, deixando atrás estes anos de escuridade, de parón, de desastre, de esperpento, e abrir unha nova etapa cun Goberno serio e responsable. O secretario xeral do PSdeG na provincia sinalou que neste mandato, dende a Deputación de Lugo destináronse ó concello de Quiroga practicamente 2,3 millóns de euros, a maior parte para a mellora de accesos, camiños, estradas e rúas, para a ampliación e mellora de servizos como o do cemiterio, de recursos como o Museo Etnográfico e o Museo Xeolóxico, para o Servizo de Axuda no Fogar, para crear emprego, e para actividades culturais e deportivas.”

Pola súa banda, Vicente Parra asegurou que se presenta a esta convocatoria electoral “cunha candidatura completamente renovada, unida, que conta con experiencia, con ilusión e con ganas de traballar con eficacia e transparencia. Un Goberno baseado no diálogo e no entendemento, no que todos e todas poidamos opinar e sumar”.

Vicente Parra dixo que “hai que darlle a volta a este concello, con políticas útiles para a veciñanza, escoitando a tódolos colectivos e entidades da nosa vila. Hai que crear e mellorar os servizos públicos, promover iniciativas que favorezan a creación de riqueza e de emprego; e que aproveiten os recursos que temos en Quiroga, que son moitos”. A candidatura socialista en Quiroga asegura apostar polo emprendemento e apoiar a promoción do xeoturismo e dos produtos da zona, ademais de querer colaborar cos centros de ensino.

A candidatura socialista de Quiroga está composta por:

  • Vicente Parra Vizcaíno
  • Antonio Marcos Prieto
  • Miriam Sánchez Balo
  • Yolanda Domínguez Segura
  • María Rodríguez Losada
  • Antonio Pérez Conde
  • Olga Aira Olmo
  • María José Couso López
  • Patricia Quiroga Vázquez
  • Antonio Mejía Fernández
  • Manuel Díaz Álvarez

Suplentes: Maximina Canseco Prieto, Daniel Rodríguez Rodríguez e María Josefa Macía Prieto

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...