HomePolítica"Colocar O Incio no mapa do turismo", propón a candidatura do PP...

“Colocar O Incio no mapa do turismo”, propón a candidatura do PP encabezada por Héctor Corujo

O PP do Incio optou por unha lista electoral na que practicamente están as mesmas persoas que na de hai catro anos. Destacan a incorporación no número 4 de Antonio Rodríguez López, que, en palabras do candidato a repetir na alcaldía, Héctor Corujo, “ten un perfil ideal para participar neste proxecto”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Héctor Corujo destaca a boa sintonía do equipo e coa nova incorporación que “pon de manifesto que un dos grandes obxectivos para os próximos catro anos é consolidar ao concello como referencia nas políticas de desenvolvemento rural.”

Corujo resalta que o mandato que termina estivo marcado pola pandemia e polas consecuencias que tivo sobre a xestión, lembrando “as adversas condicións nas que el e o seu equipo se fixeron cargo do Concello despois das eleccións do 2019, como consecuencia fundamentalmente do gasto que producían dous servizos: o abastecemento de auga e o alumeado público. “No mandato que remata, encamiñamos o tema económico e agora, aproveitando que o encoro de Vilasouto consigue a condición de navegable, traballaremos para dar pulo ao Incio como concello turístico, porque temos unha zona de lecer moi importante”. Destaca tamén ter aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), “que terá unha incidencia positiva e decisiva para o futuro do municipio.”

De cara ao próximo mandato, Corujo asegura que se aplicará o convenio firmado coa Fundación Uxío Novoneyra para desenvolver con fondos europeos os camiños de Santiago, “un proxecto compartido co Courel e o que pretendemos é facer un itinerario cultural dende Samos, polo Incio ao Courel. Imos colocar O Incio no mapa do turismo”. Lembrou o ter traballado para conseguir dúas casas do maior e dúas casas niño e asegurou querer seguir ma mesma liña e avanzando na mellora dos saneamentos, das traídas de auga e da rede de estradas municipais.

A candidatura do PP do Incio intégrana:

  • Héctor Manuel Corujo González
  • Ramón Dositeo Mourelo López
  • María Mayra Frean Mourelo
  • Antonio Rodríguez López
  • Goretti Díaz Armesto
  • Sandra Fernández Gandoy
  • Daniel Arias Jato
  • Daniel Magdaleno Sánchez
  • José Manuel Vilariño López

Como suplentes están: Antonio González Santos, Juan Álvarez López, José Antonio Valcárcel Pereiro.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...