HomePolíticaLola Castro encabeza "un equipo unido e con experiencia" na candidatura do...

Lola Castro encabeza “un equipo unido e con experiencia” na candidatura do PP en Folgoso do Courel

Castro asegura da lista de persoas que a acompañan, "trátase dun equipo unido, solvente e con experiencia; un equipo que mantén a mesma ilusión que a primeira vez ou incluso máis e con gañas renovadas para seguir acadando o mellor para todos e cada un dos nosos veciños e veciñas do Courel”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP presentou a súa candidatura para as elección municipais en Folgoso do Courel, “unha candidatura na que prima a experiencia na xestión, curtida ademais nas especiais dificultades creadas polos incendios forestais de meses atrás”. Como candidata a repetir na alcaldía, Lola Castro, sinala: “Tocounos vivir tempos con retos que foron moi difíciles de afrontar, pero isto no fixo que cesara o noso empeño por seguir sacando adiante os proxectos que tanta falta fan no noso concello”.

A candidatura popular constitúe “un equipo próximo e representativo do noso concello, profundamente coñecedor das dúas necesidades e completamente implicado para resolver os problemas dos veciños e veciñas”. Os membros da lista popular agradecen “a confianza depositada en nós todo este tempo. Estamos seguros de que xuntos seguiremos avanzando”.

A candidatura do PP en Folgoso do Courel intégrana:

  • Dolores Castro Ochoa
  • José Antonio López Rodríguez
  • María del Carmen Vergara Ramos
  • Filomena Vila Fernández
  • Pedro Lemos López
  • José Luis López Rodríguez
  • José Antonio Vilariño Rivera

Como suplentes: Roberto Ferreiro Suárez, Andrea López Calleja, Roberto Gundriz Sobredo, Natalia López López, Carlos Carballo Gallego, Jesús Rodríguez Cela.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...