HomeSucesosUn operario ferido de consideración despois de caer dunha nave industrial no...

Un operario ferido de consideración despois de caer dunha nave industrial no Incio

A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron tamén a intervención dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

Un operario resultou ferido de consideración na tarde deste mércores tras caer nunha nave industrial da localidade lucense do Incio.

Os feitos ocorreron sobre as 18,30 horas, cando o 112 Galicia tivo constancia do suceso a partir dunha chamada dos servizos sanitarios de urxencias, que indicaron que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar, en Outeiro.

A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron tamén a intervención dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil do Incio, para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...