HomeCulturaFoliada Guímara en Fornelas, este 12 de maio desde as 20.30

Foliada Guímara en Fornelas, este 12 de maio desde as 20.30

Para inaugurar o local social, haberá actuación de Lideira, trío formado por Gabi Reboredo, Amelia Ónega e Lois Prado

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do concello da Pobra do Brollón co obxectivo de descentralizar a programación cultural dinamizando os locais sociais das distintas parroquias.  

Nesta ocasión, a festa será o venres 12 de maio a partir das 20:30, en colaboración coa Asociación Veciñal A Fonte da Freita de Fornelas para inaugurar o seu novo local social, localizado a escasos metros da igrexa parroquial. 

No evento actuará o grupo Lideira, trío de percusións, ventos e voz formado por Gabi Reboredo, Amelia Ónega e Lois Prado. Dende as súas extensas experiencias musicais vencelladas á tradición oral, achegarán unha proposta chea de sensibilidade que será unha antesala de luxo para abrir a foliada.

Trátase dun evento de entrada libre e gratuíta. Os veciños serán os encargados de poñer a barra e ademais convidarán a un caldo, polo que dende a organización animan aos asistentes levar cunca e culler. Tamén haberá un posto de venda de camisetas das festas de Fornelas.

A actividade está financiada a través da subvención Territorio Cultura, xestionada pola Xunta de Galicia a través da Agadic, ao amparo do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...