HomeCultura5 novas confirmacións para o Trece Roeis Fest 2023

5 novas confirmacións para o Trece Roeis Fest 2023

A organización do Trece Roeis Fest vén de anunciar 5 novos grupos para este festival de referencia na Ribeira Sacra, que se celebra os días 18 e 19 de agosto en Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aos 10 grupos anunciados nos primeiros avances de febreiro e marzo, que eran SFDK, Reincidentes, Catuxa Salom, Tregua, Lucía Aldao, Lamatumbá, Sofía Espiñeira, Festicultores Troupe, Monoulious DOP e Enxeito súmanselle, neste terceiro avance pero non derradeiro, a banda alavesa de punk rock Kaotiko, que, con más de 240 mil oíntes mensuais, vén de presentar o seu videoclip Preso 2023.

Tamén con novo videoclip e máis de 200 mil oíntes mensuais na mesma plataforma, vén Benito Kamelas, unha banda valenciana que escapa do mítico “bacalao” e trae unha proposta de rock con sinatura propia.

E sen movernos de Levante, chega Auxili que trae a este Trece Roeis Fest 2023 a súa proposta reggae, con toques de ska e rap entre outros.

Por último pechan este terceiro avance The Poe’ts Silence e TIAM GZ, dúas bandas da Ribeira Sacra, que non podían faltar no cartaz do festival pantonés e na aposta tradicional desta cita musical polas bandas da contorna.

A venta de entradas está habilitada a través da súa páxina web www.treceroeisfest.com e, coma outros anos, ofrécese acampada libre e de balde. Ademáis, e ata o domingo ao mediodía, a organización ten habilitado un sorteo de 2 abonos e merchandising propio nas súas redes sociais.

Coma noutras ocasións, o festival conta coa colaboración de: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Concello de Pantón, Mahou, Daveiga, Rectoral de Amandi, Torre de Núñez, Gadis, Regina Viarum, Reizentolo, Destilados N°0 e Avante.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...