HomeOpiniónJosé Luis Álvarez: Mantemos a candidatura para as eleccións municipais porque o...

José Luis Álvarez: Mantemos a candidatura para as eleccións municipais porque o que funciona non se cambia

Estamos ante unhas novas eleccións municipais e encabezo a candidatura do Partido Popular con fin de seguir servindo ao noso concello e para que os veciños e veciñas teñan unha garantía de estabilidade nos seus intereses. Queremos dinamizar e impulsar os nosos recursos para que a mocidade poida quedar no noso concello e para mellorar a calidade de vida de cada veciña e veciño.

Publicado o

POR
José Luis Álvarez, candidato á alcaldía polo PP de Pantón
- Advertisement -

Aínda que foi moito o que se conseguiu está no noso ánimo o continuar con aqueles proxectos que por falta de tempo material non foi posible levalos a cabo.

Continuaremos coa construción e mellora das redes de saneamento e abastecemento a todos os núcleos do concello que aínda non contan con eles. Nos nosos plans está conseguir que ao final do próximo mandato estea practicamente completado o saneamento rural.

É importante manter e mellorar as infraestruturas viarias así como a delimitación dos núcleos rurais de poboación, o desenvolvemento do Polígono Industrial que ano tras ano a Deputación Provincial deixa sen iniciar a pesar de ter reservada dotación económica.

No eido cultural é prioriatario o manter en bo estado o noso patrimonio á vez que se abren novas espectativas como as escavacións do Preguntoiro, escavacións arqueolóxicas de Castillón ou a posta en valor do castro de Guítara. Continuaremos apoiando as actividades, empresas e proxectos no eido turísitico, así como todas as citas que divulgan a nosa cultura como pobo como a Mostra de Viños de Pantón, a Rota do Románico de Pantón ou o Trece Roeis Fest. Nesa aposta polo turismo temos para contratar a ruta de sendeirismo que parte de Augas Santas, Moreda, Serpentiña e Cornedo con regreso a Augas Santas ou o Miradoiro de Bazal.

No social seguiremos e melloraremos os programas de Ximnasia e Concilia, incroporando o servizo de Madrugadores. Mentres a Deputación segue sen construir a residencia da terceira idade, a Fundación San Rosendo abrirá dúas, unha que xa ten licenza e outra para a que elaboraremos un plan especial.

Presentamos unha candidatuta continuista, seguimos os mesmos que eramos porque cando algo funciona non se cambia. Cumprimos cos nosos compromisos e non todos poden dicir o mesmo. Por todo isto pido o voto para o noso partido, sabendo de antemán que nunca os defraudaremos.

José Luis Álvarez, candidato PP Pantón

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...