HomePolítica"Monforte cambiou como da noite ao día", José Tomé Roca

“Monforte cambiou como da noite ao día”, José Tomé Roca

Así se pronunciou o Alcalde, e candidato á reelección polo Concello de Monforte, no mitin que ofreceu o 18 de maio nun coñecido restaurante da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé liderou o mítin central da campaña do PSdeG dirixíndose a uns centos de persoas que se achegaron ao acto, celebrado nun restaurante da capital da Ribeira Sacra. Estivo acompañado, entre outras persoas, do Delegado do Goberno de España en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, así como da Deputada provincial, Secretaria de Organización do partido na provincia e candidata á Alcaldía de Antas de Ulla, Pilar García Porto. En palabras do candidato referidas a Monforte: “cambiou como da noite ao día e, por primeira vez en moitos anos, avanza e medra en todos os parámetros económicos e sociais” porque os socialistas “temos un proxecto claro, ambicioso, á altura do que o noso concello necesita e do que merece”.

José Tomé “Monforte cambiou como da noite ao día e, por primeira vez en moitos anos, avanza e medra en todos os parámetros económicos e sociais”

Facendo balance dos fitos conseguidos nos últimos 8 anos comentou que “temos moito máis que ofrecer”, e suliñou que o equipo de goberno “está xa empezando moitos proxectos que van marcar o vindeiro mandato” como a praia fluvial, a supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes, o remate da Ronda Urbana ou a mellora do enlace da N-120 coa estrada do polígono.

SERVIZOS SOCIAIS E ACTIVIDADE INDUSTRIAL

No que se refire a servizos sociais, Tomé lembrou que duplicaron o gasto en relación co ano 2015, pasando de 933.000 euros a 1.880.000 euros neste 2023. Este incremento, segundo sinalou o candidato, supuxo poñer en marcha axudas que non había ou incrementalas notablemente, como por exemplo o SAF, eficiencia enerxética, becas para libros de texto, o convenio con Cáritas, o programa Xantar na casa, ou axudas ao transporte de estudantes.

Polo que respecta á actividade industrial, o alcaldable puxo en valor a revitalización do polígono do Reboredo coas melloras que se fixeron estes anos. “Estaba abandoado, as parcelas cheas de maleza e sen vender, e hoxe xa están vendidas todas as parcelas”, recalcou.

Tamén sacou músculo coa chegada a Monforte de Kern Pharma, “cun investimento de máis de 60 millóns de euros e máis de 100 postos de traballo directos, que nos coloca no mapa das empresas tecnolóxicas”, e do Centro de Competencias Dixitais ou Ciberseguridade de Renfe, “que xa empezou a funcionar e tamén vai crear máis de 100 postos de traballo directos”.

Finalmente, avanzou que está en camiño outro proxecto empresarial, “que vai investir 10 millóns de euros e que vai crear en torno a 50 postos de traballo directos”, e que anunciarán no seu momento os seus promotores.

ÚLTIMAS

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...

Este 24 de abril desde as 18:15h cita coa literatura infantil na Biblioteca de Chantada

A Biblioteca Municipal do Concello de Chantada desenvolve distintas propostas para conmemorar o 23...