HomePolíticaO centro de saúde de Ribas de Sil reformarase totalmente, segundo confirmou...

O centro de saúde de Ribas de Sil reformarase totalmente, segundo confirmou aos populares o conselleiro de Sanidade

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribas de Sil, Jose Rodríguez, e varios membros do seu equipo interesáronse por coñecer os avances no proxecto de reforma do centro de saúde de San Clodio durante un encontro co responsable de Sanidade do Goberno galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares analizaron con Julio García Comesaña as propostas de mellora dos servizos sanitarios que os populares recollen no seu programa de cara ás eleccións municipais.

Comesaña confirmoulles que “a reforma do centro de saúde da localidade está incluída entre as actuacións da fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta de Galicia” e que as actuacións suporán “unha reforma total: dende as fachadas, a cuberta, a carpintería exterior e interior e a pintura”.

As melloras permitirán corrixir os problemas de filtracións, a mala ventilación das instalacións que datan dos anos 80 e mellorar a accesibilidade. Tendo en conta, ademais, que os espazos asistenciais son de dimensións reducidas; procederase a dimensionalos adecuadamente. Tamén está previsto crear novos espazos para o persoal -aseos e sala de estar-, así como aseos adaptados para os usuarios.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...