HomeCulturaInscricións abertas para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte que o...

Inscricións abertas para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte que o 2 de xuño saca a música ás rúas

O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2023/24 está aberto ata o 6 de xuño. Para o novo alumnado que supere o acceso, será do 27 de maio ao 30 de xuño. E o conservatorio pecha o curso cun Festival e Xornada do conservatorio na rúa, que terá lugar o venres, 2 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) está aberto ata o 23 de xuño. A inscrición pode facerse presencialmente na Secretaría do Conservatorio Municipal ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica, da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta e no prazo establecido ao correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

A proba de aptitude musical terá lugar o día 26 de xuño ás 17:00 horas.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) remataba este mércores e este xoves ás 16.00 celebrarase a proba de pase de grao. Finalmente, o 27 de maio será a proba de acceso a outros cursos das ensinanzas elementais ou profesionais.

O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2023/24, será do día 19 de maio ao 06 de xuño. O prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso, será do 27 ao 30 de xuño.

Especialidades ofertadas curso 2022/2023

  • Piano                       
  • Guitarra                           
  • Trompa
  • Clarinete      
  • Violín                                            
  • Trompeta
  • Saxofón                   
  • Percusión                       
  • Trombón

Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, en horario de atención ó público de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

Actos de Fin de Curso no conservatorio

Para pechar o curso académico, o Conservatorio o Festival fin de curso e Xornada do conservatorio na rúa, que terá lugar o venres, 2 de xuño, na Praza de España ás 19:00h e nel participarán todos os alumnos/as e profesorado do centro.

As actuacións realizaranse de forma individual, en distintos grupos de conxunto, coros e Orquestra. O Festival gratuíto e ao aire libre está aberto a calquera persoa interesada.

O alcalde anima a todos os monfortinos e monfortinas a desfrutar do festival e a compartir cos alumnos e alumnas do conservatorio unha xornada tan importante para eles que marca a finalización dun curso do que de seguro sacaron proveito.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...