HomeCultura"Crónicas de Vánusum I. El reino de los reinos", a primeira novela...

“Crónicas de Vánusum I. El reino de los reinos”, a primeira novela de Andrea López presentouse no Círculo Saviñao

Andrea López Otero, enxeñeira aeronáutica e aeroespacial, presentou no Círculo Saviñao o seu primeiro libro, "Crónicas de Vánusum I. El reino de los reinos", unha novela xuvenil de xénero fantástico que levaba construíndo desde a infancia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Andrea contou a socios e amigos presentes como naceu o libro e como foi fabulando historias e personaxes, moitas veces recollendo nomes e características de amigos dos seus centros de ensino, o colexio Monte Baliño de Pantón e o IES A Pinguela.

Rematou firmando exemplares ós lectores presentes no acto. Andrea adiantou que está traballando nun segundo tomo das Crónicas de Vánusum, que posiblemente se edite tamén en Círculo Rojo, con máis maxia, amizade, amor, traición e superación nun mundo onde nada é imposible.

O presidente do Círculo Saviñao lembrou cando coñeceu a Andrea en 1º ESO e repasou algunhas iniciativas nas que colaboraron durante os seus anos de instituto ata que rematou Bacharelato.

Andrea López Otero no Círculo Saviñao / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...