HomeCulturaA Libraría da Proencia presenta este 2 de xuño a primeira novela...

A Libraría da Proencia presenta este 2 de xuño a primeira novela de José María Lago

A presentación de La caja de Pandora terá lugar o venres, 2 de xuño, ás 20 horas, no Ateneo Casino de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

La caja de Pandora leva dous meses á venta na zona, con notable éxito. A obra indaga sobre a morte de dous nenos en Monforte en 1973, que eran alumnos dos Escolapios.

Ao longo da lectura imos acompáñase a investigación de Clara Benzo, irmá dun dos falecidos, natural de Rodeiro, e desvelando (ou non) os misterios agochados. Que é realidade e que ficción? Resólvense os interrogantes? Queda a xuízo das lectoras e lectores.

Na presentación desgranaranse todos os temas que xorden de escarbar na memoria monfortina sobre estes sucesos.

O prezo de venta é de20. Pódese adquirir na páxina web www.proencialibros.com da Libraría da Proencia e nas seguintes librarías:

  • Agrasar (Monforte)
  • Entre Libros (Monforte) 
  • Fénix (Monforte)
  • Papelotes (Monforte)
  • Pelayo (Monforte) 
  • Foto Bande (Láncara)
  • La Voz de La Verdad (Lugo)

Para a primeira presentación da novela contarase co autor, José María Lago, e con Paula Vázquez Verao, como editora.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...