HomesociedadeAs Xornadas Xurídicas de Sarria reflexionan sobre o Estado de Dereito

As Xornadas Xurídicas de Sarria reflexionan sobre o Estado de Dereito

No acto inaugural que tivo lugar na Casa da Cultura sarriá participaron o deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera o alcalde en funcións da localidade, Claudio Garrido, o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Rafael Mozo, o Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e a directora da UNED en Lugo, Ana Traseira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde este mércores están en marcha as XVI Xornadas Xurídicas Román García Varela de Sarria, que nesta edición invitan a reflexionar sobre os retos do Estado de Dereito. As actividades desenvólvense ata este venres 2 de xuño, na Casa da Cultura da localidade, e pódense seguir en directo a través de YouTube grazas á retransmisión realizada polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo no marco da colaboración que a institución ten con esta cita. Novamente este ano as conferencias que se imparten terán recoñecemento universitario, de maneira que o alumnado da UNED de Lugo obterá o equivalente a 10 horas lectivas.

Unha cita que, segundo destacou Rivera Capón, “sitúa ó municipio e á provincia de Lugo no centro do debate xurídico en España” e coa que a Deputación de Lugo colabora desde o seu inicio. Este ano, a institución provincial achega 5.000€ e retransmite as distintas conferencias co servizo provincial de Audiovisuais.

“O perfil dos poñentes, o rigor no tratamento dos temas son sen dúbida dous elementos chave que explican este éxito, pero tamén o sentido da oportunidade co que a organización selecciona os temas a tratar”, apuntou o Deputado. Nese sentido, destacou o acaído de abordar os retos do Estado de Dereito nunhas xornadas “que se celebran poucos días despois dunha cita electoral e apenas un par de meses de acudir de novo ás urnas”.

Rivera Capón destacou que “en democracia as eleccións son o mecanismo que determina a participación cidadá na elección dos representantes do poder lexislativo que, a súa vez, elixen aos membros do poder executivo”, e sinalou que, ademais de votar para elixir quen goberna, “votamos tamén para reiterar a nosa convicción no Estado de Dereito”.

Fixo fincapé o deputado en que “o século XXI está deixando algúns exemplos de deterioro e ameazas democráticas en diferentes puntos do Globo. Democracias ameazadas desde dentro por presidentes populistas que chegan a alentar a toma do Capitolio; réximes populistas que se adornan coas formas da democracia, pero baléirana de sustancia; ou sistemas de partido único que converten unha etapa de crecemento económico na nova escusa para negar aos seus cidadáns dereitos e participación”.

Valorou Pablo Rivera que “a democracia, o Estado de Dereito, é un dos grandes logros da cultura europea” e que “revisalo, analizalo e fortalecelo é, sen dúbida, unha obriga de todos e un traballo no que non debemos retroceder nunha etapa histórica como a que nos tocou vivir”, concluíndo que “reafirmar e reforzar o Estado de Dereito é a mellor vacina contra a tiranía, a perda de liberdades e o retroceso como sociedade”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...