HomesociedadeManuel Villanueva, alto responsable de Mediaset, recibe a insignia de ouro do...

Manuel Villanueva, alto responsable de Mediaset, recibe a insignia de ouro do Concello de Quiroga

A entrega da mesma tivo lugar este sábado 3 de xuño no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Manuel Villanueva de Castro, Director Xeral de Contidos de Mediaset, recibiu na mañá deste 3 de xuño a Insignia de Ouro do Concello de Quiroga con pergamiño acreditativo.

O Alcalde de Quiroga en funcións, Julio Álvarez, fíxolle entrega deste recoñecemento tras a sinatura de Villanueva no libro de ouro do Concello. O homenaxeado tivo palabras de agradecemento para Quiroga e os quirogueses: “Quiroga e vós formades parte do meu mapa sentimental e non faltei nunca á nosa cita anual, da que non houbo nin haberá pandemia que o impida. En poucos sitios me sinto tan agusto como nesta terra de vontade. Levarei esta ilustre distinción que me concede a corporación municipal, con orgullo e con honra. Alá por onde vaia direi que este é o símbolo dunha poboación xenerosa e hospitalaria, merecedora de tódalas cousas boas”.

Julio Álvarez agradeceu a Villanueva todo o que sempre fixo por Quiroga. En palabras do rexedor municipal en funcións: “É unha mínima expresión do que sempre fixeches por Quiroga, con ese interese polo evento máis importante que ten Quiroga, a Feira do Viño, tanto cos pregoeiros como coa proxección que se fai desde todas as canles de Mediaset”.

ÚLTIMAS

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...