HomesociedadePrevisións de ocupación turística na Ribeira Sacra

Previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra

Segundo información do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o mes de xuño comeza cunha ocupación moi alta para as fins de semana sendo os hoteis os aloxamentos con maior ocupación, un 66%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xeodestino Ribeira Sacra comezou o mes de xuño cun 68% das prazas ocupadas para as fins de semana. As previsións en termos absolutos para todo o mes quedan como segue:

  • Hoteis 4 e 3*: 66% (=% que en 2022)
  • Turismo Rural: 65% (+14% que en 2022)
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 46% (+16% que en 2022)
  • Outros aloxamentos: 48% (-15% que en 2022)

Dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra sinalan que a diferenza de ocupación entre os días laborais e as fins de semana continúa a ser notable para o conxunto de aloxamentos. Entre semana, as expectativas son dun 51%, subindo ata o 68% nas fins de semana (datos reais de ocupación facilitados polos xestores que ata o de agora participaron na recollida).

Aínda así, a suba das previsións nos días laborais con respecto ao ano pasado é considerable, un 16% máis, e a media de ocupación para este mes sitúase nun 56%, 8 puntos por enriba das previsións do pasado 2022.

OCUPACIÓN NO PASADO MES DE MAIO

Segundo datos que manexa o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o pasado mes de maio rematou cun 46% de ocupación. Os datos desagregados por tipo de aloxamento foron os seguintes:

  • Hoteis 4 e 3*: 69%
  • Turismo Rural: 49%
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 21%
  • Outros aloxamentos: 47%

Para o conxunto de aloxamentos, descendeu lixeiramente a ocupación con respecto ao pasado 2022, especialmente na segunda quincena –probablemente ligada á inestabilidade do tempo– e notouse un lixeiro aumento na ocupación durante os días laborais, dun 2%.

ÚLTIMAS

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...