HomeCulturaUn novidoso xogo de "hall escape" no Museo de Olería de Niñodaguia

Un novidoso xogo de “hall escape” no Museo de Olería de Niñodaguia

Esta iniciativa, financiada con cargo a Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, preséntase como algo único no panorama museístico do estado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xogo que pretende dinamizar o turismo e atraer visitas ao Museo de Olería de Niñodaguia preséntase como alternativa innovadora e parte da iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ampliando deste xeito a oferta que iniciou no 2020 coas rutas de escape “Búskalo en Ribeira Sacra”.

Sobre unha reprodución dun torno oleiro de Niñodaguia, o hall escape “Operación Monte do Barro” segue a dinámica dos clásicos escape room, onde o grupo debe resolver as distintas probas que se lle formulan, nun tempo limitado, para conseguir o premio final, “salvar a olería de Niñodaguia da súa extinción”; un xogo co que achegar a identidade e cultura dun pobo a un público que non frecuenta habitualmente este tipo de espazos.

Está indicado para grupos de entre 2 e 8 persoas (parellas, grupos de amigos, familias…) e a idade mínima recomendada é de 7-8 anos. As reservas poden facerse a través da páxina web do Consorcio de Turismo.

É o primeiro xogo deste tipo instalado de forma permanente nun museo español. A iniciativa está financiada, con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Hall escape no Museo de Olería de Niñodaguia. Foto: Consorcio Turismo Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...