HomesociedadeConvocado o concurso de carteis de 'Outrora'

Convocado o concurso de carteis de ‘Outrora’

Será a IX edición e con el búscase a imaxe anunciadora para a XIX edición da Feira de Rubián 'Outrora', en Bóveda, evento no que se rende homenaxe ás tradicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda deu a coñecer este mércores 7 de xuño as bases do concurso de carteis da XIX Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’, evento que como cada ano terá lugar o 14 de xullo.

A presentación de carteis orixinais que opten a ser a imaxe gráfica do evento terá que facerse antes do 23 de xuño e as creacións deberán cumprir as seguintes bases:

O tema debe ser a recreación dun mercado tradicional galego de finais do século XIX ata mediados do século XX podendo participar todas as persoas que o desexen agás as vinculadas coa organización e os seus familiares en 1º grao, sendo condición indispensable que as obras sexan inéditas. As persoas menores de 16 anos poderán participar cunha autorización das persoas adultas responsables (pai/nai/titor/a).

A técnica será libre. Nos carteis deseñados con ordenador, no caso de resultar gañadores, o/a autor/a deberá aportar o correspondente soporte e formato dixital que se lle requira. É necesario conservar o formato en capas para no seu caso facer algunha modificación (logos, cambiar datas, …).

O texto que debe figurar no cartel é o seguinte: XIX FEIRA OUTRORA. RUBIÁN. BÓVEDA / 14 DE XULLO DE 2023 e o tamaño do orixinal será de 42 X 59 cm (A2) en posición vertical. O tipo de letra será de libre elección.

O certame está dotado cun premio de 400 euros.

PRESENTACIÓN E ENTREGA

– Opción A: En tamaño orixinal, sen firma do/a autor/a, e baixo un lema ou pseudónimo que figurará escrito na parte posterior do cartel, acompañado dun sobre pechado que no exterior levará escrito o mesmo lema ou pseudónimo do cartel. O sobre conterá os seguintes datos: Nome, apelidos, DNI, enderezo, número de teléfono e enderezo electrónico do/a autor/a.

O lugar de entrega das obras: Rexistro do Concello de Bóveda, Avenida Alfonso XIII, 85. 27340 Bóveda.

– Opción B: Por correo electrónico ao enderezo: cultura@concellodeboveda.com.

Os traballos presentaranse en formato: JPG e PDF, a 300 ppp. É convinte cargar as fontes que se utilicen no cartel.

No texto do correo indicarase: Nome, apelidos, DNI, enderezo, número de teléfono do autor/a e Lema ou Pseudónimo co que se desexa participar no concurso.

XURADO E DEREITOS DE AUTOR

O xurado estará presidido pola Concelleira de Cultura e formado polas persoas que ela designe. O fallo do concurso farase público na derradeira semana do mes de xuño e o concurso poderase declarar deserto no caso de non alcanzar os carteis presentados a calidade desexada.

O traballo da persoa gañadora será a imaxe da Feira Outrora 2023 e todos os carteis quedarán en propiedade do Concello de Bóveda podendo realizar modificacións, sempre e cando non supoñan a alteración esencial do mesmo. Así mesmo, o concello resérvase tamén o dereito de reproducción da obra gañadora e de comunicación pública polos medios de publicidade que estime oportunos, ademais de empregar a imaxe ou parte dela para realizar material promocional relacionado coa feira (dípticos, camisolas, etc).

Cartel Outrora 2022

ÚLTIMAS

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€....

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto,...